Anúnciase o cartel do Caudal Fest 2021 de Lugo, en formato reducido e con todas as medidas de seguridade e prevención

Anúnciase o cartel do Caudal Fest 2021 de Lugo, en formato reducido e con todas as medidas de seguridade e prevención

Do xoves 16 ao sábado 18 de setembro de 2021, o Concello de Lugo voltará a ser o epicentro da cultura en Galicia grazas ao Caudal Fest, que volta un ano máis para traer o mellor do panorama musical a Lugo. Será de novo adaptado ás circunstancias actuais, e cun aforo moi limitado con todas as medidas de seguridade e prevención, seguindo a normativa vixente.

Serán tres días de concertos no recinto de sempre, o xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, nas datas de sempre e con formato sentado en mesas, toda a experiencia festivaleira para celebrar a última gran festa do verán, o Caudal Fest.

Sen dúbida esta edición fará as delicias de todo o noso público grazas a un cartel variado e de calidade. Teremos grandes nomes como Love of Lesbian, unha das bandas máis importantes que andan a xirar este ano, presentando o seu último traballo “V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada)”; a increíble Nathy Peluso, unha das artistas do momento; La M.O.D.A., que tralo seu último paso polo festival, namoráronse de Lugo e non dubidaron en voltar; Bad Gyal, a reina do dancehall, que por fin estará connosco no festival; Iván Ferreiro, co seu concerto especial de longa duración da xira Cuentos y Canciones (2004-2021); Sen Senra, o artista galego con máis proxección do momento, con dos poucos concertos deste verán; os vascos Shinova; o gran Kutxi Romero de Marea; os instrumentais Toundra, os festeiros Ladilla Rusa e o local David Prado representando a música lucense.

As entradas poñeranse á venda na web www.caudalfest.es o mércores 18 de agosto ás 12:00 do mediodía. Iremos informando sobre as diferentes opcións para mercar e outros detalles que nos preguntaredes de seguro nos vindeiros días. En todo momento informarase de todas as medidas e estarase en contacto coas autoridades para que o acceso á cultura en Lugo fágase dunha maneira segura unha vez máis.

🎵 Caudal Fest 2021 🎵

Love of Lesbian

Nathy Peluso

La M.O.D.A.

Bad Gyal

Iván Ferreiro (gira Cuentos y Canciones 2004-2021)

Sen Senra

Shinova

Kutxi Romero

Toundra

Ladilla Rusa

David Prado

Vémonos no Concello de Lugo!