As Noites de Caudal Fest queda cancelado, entradas devoltas automáticamente

As Noites de Caudal Fest queda cancelado, entradas devoltas automáticamente

Queremos agradecervos a vosa paciencia durante todo este tempo. Tristemente, e debido as restriccións actuais, non se puideron re-axendar os concertos que conformaban este ciclo de concertos seguro, polo que en colaboración co Concello de Lugo decidiuse cancelar o ciclo de concertos. Ata o derradeiro momento intentouse adaptar a programación ás restriccións e explotar todas as posibilidades para poder traer a cultura a Lugo de maneira segura, pero finalmente non foi posible.

As entradas de todos os concertos serán devoltas automáticamente a todas as persoas que mercaron entrada. Para incidencias respecto á devolución, podedes enviar un email a info@ayudaeventos.com. Grazas pola comprensión e esperamos poder vervos nos vindeiros concertos que se poidan realizar. A cultura é segura e máis necesaria que nunca.

Proximamente comunicaremos novedades e esperamos ver a todo o mundo no Caudal Fest 2021, nunha gran edición para a historia. Vémonos en Lugo!

www.caudalfest.es