Cargando Eventos
Mon Laferte
7 noviembre, 2018 @ 7:30 pm - 11:30 pm

Mon Laferte

Mon Laferte é un dos fenómenos da canción latina. A cantante e compositora de procedencia chilena e corazón mexicano combina pop, rock e canción lixeira, adaptándoa aos novos tempos. O seu bo facer gañoulle o favor dun público que eleva a 7 millóns o número de seguidores nas súas redes sociais e a 3 millóns os seus oíntes mensuais en Spotify.

A súa última produción discográfica: La Trenza, propón un abanico de sons que vai desde o bolero ao pop, pasando pola balada, o ska e o valse peruano, e conta coa participación de invitados da talla de Enrique Bunbury, Manuel García e Juanes.

O seu recente single Antes de ti, que acumula 60 millóns de reproducións só en Youtube, foi nomeado aos Latin Grammy 2018 na categoría “Canción do Ano”.

Detalles

Date : 7 noviembre, 2018
Time : 7:30 pm - 11:30 pm
Categoría del Evento:

Local

Address : Policarpo Sanz, 13
Vigo, Pontevedra 36202 España

+ Google Map
  • Este evento ha pasado.